Catro anos pasan moi rápido e máis cando fas o que queres. Conseguir entrar na facultade foi o primeiro paso de todo o que leva pasado dende entón. O acceso non é moi doado: hai unha esixencia relativamente alta na nota e corte no selectivo para poder acceder a ela, pero unha vez superada, ábreche o camiño cara o que ansiabas.
Sóese dicir que os comezos nunca son fáciles, e isto non ía a ser unha excepción. O primeiro día chégase cun certo nerviosismo cara o que será o teu lugar os vindeiros catro anos. Comezas o primeiro cuadrimestre, empezan a chover os traballos, prácticas e demais cousas que che mandan os profesores.
Chegan tamén os primeiros examenes, que no meu caso creo que nunca estuven tan nerviosa para algo, porque había algunha asignatura que parecíame realmente complicada de aprobala …
Pasou febreiro, e chegou a segunda parte. E así foi durante estes tres anos e medio que levo nela. E despois de tanto tempo, sabes que cada asignatura é un mundo e cada profesor tamén.
Miles de sensacións se viven na facultade: estres, cansazo, nerviosismo, satisfacción … todas estas e moitas máis cada ano se suceden. En máis de tres anos atopámonos con prácticas coas que o seu resultado foi satisfactorio, algunhas que pensamos que non as íamos a dar rematado nunca, e outras que nos deron máis dun quebradeiro de cabeza.
E todo isto chegará pronto ó seu fin. En menos de catro meses remata todo isto para a maioría e tocará enfrontarse a aquilo para o que nos estivemos a formar durante todo este tempo: o mundo laboral. Un mundo no que as cousas están moi difíciles, pero no que nada é imposible.